A Rede Social Galicia Sur organizou 30 minutos de Silencio en Vigo contra o racismo

Tivo lugar O 17 DE OUTUBRO NA FAROLA DE URZÁIZ COA RÚA PRÍNCIPE, DE 20:00 A 20:30H.
📣 Publicado por el 22/03/2019 en la sección de Galicia - Social - Sos Racismo Galicia - Vigo

A Rede Social Galicia Sur organizou 30 minutos de Silencio en Vigo contra o racismo

Nun mundo desbordado de ruídos, de sobreinformación que desinforma, de eslóganes e publicidade comercial e política,  o silencio ten un potencial revolucionario para reivindicar outros mundos posibles e necesarios.

Como dende hai 53 anos, cada 21 de marzo conmemorase o día Internacional pola Eliminación da Discriminación Racial en lembranza da Matanza de Sharpeville acontecida en 1960 contra manifestantes que loitaban contra as políticas segregacionistas e racistas do Apartheid en Sudáfrica a mans da policía.

Décadas despois, a discriminación étnica/racial continua a estar presente na sociedade, atopando a súa orixe no pasado colonial que perpetúa as diferenzas de norte-sur global, afectando ao imaxinario colectivo e influíndo na actuación e papel dos Estados.

Este racismo estrutural reflíctese na vida diaria das persoas migrantes e/ou racializadas, na súa relación coas Administracións, no acceso aos servizos públicos ou privados, como a saúde ou a vivenda, na actuación e o abuso de poder das forzas e corpos de seguranza do estado, e mesmo na relación entre persoas particulares.

Pese aos múltiples avances en materia de igualdade de trato e non discriminación, a vulneración de dereitos, a comisión de delitos de odio e o racismo institucional continúan a ser o pan de cada dia, con máis forza co recente auxe da extrema dereita e o fascismo a nivel europeo e en territorio español.

O manifesto

Boas tardes compañeiros e compañeiras, grazas por estar hoxe aquí acompañándonos neste acto.

Hoxe 21 de marzo día internacional pola eliminación da discriminación racial volvemos saír á rúa para denunciar o racismo institucional e social do estado español.

Hoxe do mesmo xeito que o resto do ano, non queremos esquecer a Mame Mbaye Nidye, More Sylla, Brahim Samb, Maguette Fall, Abdoulaye Mbengue ou El Hadji Ndiaye, todos eles vítimas de redadas policiais racistas.

Tampouco queremos esquecer aos nosos veciños e veciñas ciganas que día a día enfróntanse a políticas asimilacionistas que desexan eliminar e xulgan o seu sistema de vida, ás nosas compañeiras temporeiras de Huelva vítimas de explotación e acoso sexual, a todos os compañeiros e compañeiras aos que Europa nega o dereito de protección internacional, nin a todas aquelas persoas que perden a súa vida nas fronteiras tentando procurar un futuro mellor fuxindo de países espoliados por occidente ou por guerras cuxos beneficios directos ou indirectos recaen sempre nos mesmos, Occidente e os ricos.

Hoxe non estamos aquí para falar de atitudes ou actos racistas individuais, estamos aquí para denunciar o racismo institucional do estado español. Un racismo institucional que nos obriga a cruzar mares en pateras, saltar valos cheos de coitelas e a vivir como cidadanía de segunda impedíndonos acceder a un permiso de traballo que nos permita contribuír e vivir en igualdade de condicións que o resto da cidadanía.

Un racismo institucional que se esquece de que se estamos aquí é porque a través dos seus estados e políticas económicas espolian os recursos dos nosos países destruíndo totalmente a súa economía local, obrigándonos a deixar ás nosas familias e realizar inhumanas e arriscadas peregrinaxes á Europa fortaleza.

Hoxe estamos aquí, porque queremos unha sociedade que sexa consciente da responsabilidade colonial do estado español e os seus xenocidios. Reclamamos alto e claro que non queremos redadas nin cárceres racistas como son os Centros de

Internamento para Estranxeiros, (CIEs), que non queremos deportacións, que non queremos un sistema onde os nosos trazos, orixe ou cultura defina os nosos dereitos.

É necesario que todas e todos sexamos conscientes da nosa responsabilidade como persoas e sociedade e xuntas podamos seguir loitando por unha sociedade na que a igualdade de dereitos sexa real e non estea limitada por cuestións culturais, trazos fenotípicos ou orixe.