A reforma ou ampliación de nove macro parques infantís en toda a cidade estará rematada nun ano

O goberno local está a traballar na ampliación e remodelación de nove macro parques infantís que estarán rematados nun ano. Nun mes estará rematado o de Venezuela e nas próximas semanas arrancarán a reforma do da Praza Independencia.
Publicado por o día 13/04/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A reforma ou ampliación de nove macro parques infantís en toda a cidade estará rematada nun ano

A Xunta de Goberno deu luz verde á clasificación de ofertas na contratación das obras de ampliación do parque infantil da Praza Independencia. Cun orzamento de 200.000 euros, nas próximas semanas arrancará a obra que terá un período de execución aproximado de tres meses.

Esta nova área de recreo se suma a outras oito que tamén van ser reformadas ou ampliadas antes dun ano. Os traballos do parque de Venezuela estarán rematados nun mes, mentres que o de Navia xa contratado. Pendentes de adxudicación están as áreas infantís de Barreiro e Pedro Alvarado. Respecto da actuación prevista en Bouzas, xa está en tramitación, unha vez recibida a autorización de Patrimonio. Os tres restantes, rúa Coruña, Jenaro de la Fuente y Maruja Mallo están en fase de elaboración do proxecto. Estamos facendo unha “especie de malla” de macro parques en toda a cidade.