A Residencia e Centro de Día de Silleda celebra esta fin de semana xornadas de portas abertas

Será o venres durante todo o día e sábado e domingo pola mañá, con visitas guiadas cada media hora. O alcalde, Manuel Cuiña, anima á veciñanza a coñecer as instalacións deste novo centro que comezará a funcionar nos vindeiros días
Publicado por o día 29/03/2019 na sección de Galicia,Silleda

A Residencia e Centro de Día de Silleda celebra esta fin de semana xornadas de portas abertas

A Residencia de Maiores e Centro de Día de Silleda celebrará esta fin de semana xornadas de portas abertas para dar a coñecer a todas as persoas interesadas as instalacións e funcionamento do centro. As persoas que o desexen poden achegarse ata o edificio (entrando pola parte traseira, hacia o recinto feiral) durante toda a xornada deste vernes 29 (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas) e tamén o sábado 30 e domingo 31 pola mañá (de 10:00 a 14:00 horas).

Para facilitar o acceso e coordinar as visitas, establécense turnos cada media hora, para que os visitantes poidan percorrer as instalacións acompañados de personal do centro que lles explicarán as funcionalidades do mesmo, o tipo de estancias e cuestións relacionadas co funcionamento da residencia e do Centro de Día.

A empresa concesionaria do servizo, Coviastec Silleda, ten previsto comezar a traballar con residentes e usuarios do Centro de Día nos primeiros días de abril.