A ría de Pontevedra é o escenario dunha nova edición do Trofeo Princesa de Asturias

286 deportistas participarán este xoves nunha nova edición do Trofeo Princesa de Asturias.
Por o 12/08/2019 | Sección: Deportes,Piragüismo
A ría de Pontevedra é o escenario dunha nova edición do Trofeo Princesa de Asturias
Compartir en:
Esta mañá presentouse no peirao do Chasco en Portonovo o XLII Trofeo Princesa de Asturias no que o vindeiro mércores participarán 286 deportistas nesta prestixiosa proba do calendario galego organizada polo Club Confraría de Pesacadores de Portonovo.
 
No acto de presentación deesta mañá estiveron presentes os concelleiros de deportes do concello de Sanxenxo e Pontevedra Daniel Arousa e Tino Fernándes, así como José Alfredo Bea presidente da Federación Galega de Piragüismo e Alberto Rodríguez presidente do equipo organizador.
 
Como vén sendo habitual a regata conta con dous percorridos segundo as categorías, así ben os homes e mulleres senior parten ás 11:30 desde a praia de Baltar en Portonovo coas súas embarcacións K4 e C4, cara á ponte do Burgo en Pontevedra, onde está situada a meta. Durante o percorrido de 20 quilómetros, os padeeiros terán que realizar un porteo na praia de Silgar en Sanxenxo, para logo coller rumbo cara á praia de As Canteiras en Combarro, onde estará situada unha ciaboga de paso obrigatorio, máis adiante terán que realizar outra ciaboga na punta do dique, á altura de praceres.
 
As categorías cadete e xuvenil competirán en K2 e C2. A súa saída será á mesma hora desde a praia de As Canteiras en Combarro.
 
O Club Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra con 42 deportistas para optar o triunfo final do trofeo, séguenlle con 26 padeeiros o Club de Mar Ría de Aldán e o Piragüismo Vilaboa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.