O Concello de Ribadumia presenta todo o seu apoio a Rut Fervenza na aventura que se lle ven por diante como participante no concurso Recantos do programa Luar da TVG representando ás Terras de Arousa.
Tras máis de 20 anos como cantante do Grupo Azabache, Rut comeza unha nova aventura con ganas e moita ilusión concursando xunto a outros 19 recanteiros no Luar, programa que catapultou a fama a persoeiros como Lucía Pérez, representante tamén no 2011 de España en Eurovisión, Tania Veiras, Os tonechos ou Luis Zahera entre moitos outros.
Despois dun proceso de selección que comezou no mes de xuño con envío dun vídeo ó programa, a ribadumiense Rut Fervenza comezará o próximo mes o seu concurso na TVG.
O Concello de Ribadumia achega así toda a enerxía e apoio a esta veciña para que chegue o máis lonxe posible na súa aventura, e confiando en que estará presente na ansiada final, representando non só a Ribadumia se non a toda a comarca de Arousa neste programa televisivo.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.