A rúa Ourense deixará de pecharse dende este xoves pola celebración do mercado semanal

Publicado por o día 06/11/2019 na sección de Galicia,Tui

A rúa Ourense deixará de pecharse dende este xoves pola celebración do mercado semanal

Dende este xoves, 7 de novembro, a  rúa Ourense, no tramo comprendido entre as rúas Compostela e Colón, deixara de pecharse ao tráfico debido á celebración do Mercado Semanal na cidade.  Deste xeito búscase facilitar o tránsito polo centro urbano así coma o acceso ao aparcamento municipal na traseira da Área Panorámica, tras a apertura nos últimos meses da rúa Ourense cara a rúa Colón/Augusto González Besada/Martínez Padín.

Esta medida conleva o cambio de emprazamento dalgúns postos de venda ambulante e a reordenación doutros. Así os postos situados na rúa Ourense pasarán a colocarse na rúa Mondoñedo ocupando os espazos que había baleiros.  Amais os postos que se emprazaban no tramo da rúa Compostela entre o cruzamento con Casal Aboy e Ourense desprazaranse ao tramo da mesma rúa entre os cruzamentos con Ourense e Betanzos. Nesta rúa Compostela pasan a colocarse tres filas de postos.  Igualmente hai un cambio nun posto de roupa da rúa Lugo cara á rúa Mondoñedo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.