“A SAIA RAÍÑA” na Casa das Artes de Vigo

Baixo a produción de Rita Más Ybáñez, “A SAIA RAÍÑA” é unha exposición de testemuños audiovisuais, coa intención de dar voz a quen non fora escoitada e que se pode visitar na Casa das Artes.
Por o 03/10/2018 | Sección: Concello de Vigo,Galicia,Vigo
“A SAIA RAÍÑA” na Casa das Artes de Vigo

Esta mostra non é soamente unha exposición fotográfica nin audiovisual por cuestión das artes plásticas, é unha testemuña de mulleres, unha mostraxe da nosa historia recente, da nosa cultura e costumes sociais e das desigualdades acontecidas e narradas polas súas propias protagonistas. As protagonistas son mulleres galegas que continúan enloitadas no século XXI e falan das súas vivencias dende nenas. Son mulleres que por costume social, imposición moral ou crenza relixiosa tiveron que gardar loito temporalmente, e tamén durante toda a súa vida. Son mulleres que non asistían a festas, romarías e outras manifestacións pois o loito as deixaba excluídas.

As gravacións foron recollidas percorrendo as nosas aldeas, municipios, parroquias e cidades en Ourense, A Coruña, Lugo e Pontevedra, desde o ano 2006 ao 2018. Moitas das fotografías e vídeos, parecen pertencer a tempos afastados da nosa tecnoloxía, dos avances e de todas as nosas innovacións.

O dó axuda a superar a grande ausencia dos seres queridos, pero non é fácil entender como as avoas, as tías, as irmás, as fillas, e as nais galegas, eran criticadas cando rompían o costume de gardar loito para poder exercer a liberdade de elixir a cor das súas vidas.

A exposición está organizada pola Concellería de Igualdade e se poderá visitar ata o domingo 28 de outubro.

Noticias de última hora en Vigo

Una respuesta para "“A SAIA RAÍÑA” na Casa das Artes de Vigo"

  1. María Fdz   08/10/2018 at 18:04

    EMOTIVA realmente consigue emocionar . As nosas nais e avoas toda avida estiveron caladas vestidas de negro sin poder facer nada coa pata quebrada.
    moi bonito traballo ainda que o video me fixo chorar.
    gracias.

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.