A saída de vía dun turismo en Lalín deixa a unha muller atrapada no seu interior

Publicado por o d√≠a 09/10/2019 na sección de Galicia,Lal√≠n,Sucesos

A saída de vía dun turismo en Lalín deixa a unha muller atrapada no seu interior

Os servizos de emerxencia intervi√Īeron na tarde de hoxe para liberar a unha muller despois que o turismo no que viaxaba sufrise unha sa√≠da de v√≠a.

O accidente ocorreu poucos minutos antes das 14:00 horas na PO-533, no concello pontevedrés de Lalín. A esa hora, unha persoa particular chamou ao 112 Galicia para solicitar axuda para unha muller ferida tras sufrir unha saída de vía co vehículo no que viaxaba. Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, a persoa podía estar atrapada.

Decontado, desde o CIAE, p√ļxose a situaci√≥n en co√Īecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Deza e dos membros do GES de Lal√≠n.

Unha vez no lugar do accidente, os servizos de emerxencia confirmaron que, debido √° posici√≥n na que se encontraba, foi necesaria a s√ļa intervenci√≥n para lograr sacar a muller do interior do veh√≠culo. Tras rematar as labores de excarceraci√≥n, a ferida puido ser atendida polo equipo m√©dico.

Para garantir as condicións de seguridade na vía, tamén foi solicitada a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, ademais dos membros de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento das estradas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.