A Sanidade Pública é un dos servizos mellor valorados polos cidadáns galegos

Así o manifestou Almuiña no Parlamento, onde lembrou que en 2019 a Xunta adicará máis do 40% de seu orzamento a Sanidade con preto de 4.000 millóns de euros, a cifra máis alta da historia
Publicado por o día 21/11/2018 na sección de Sanidad

A Sanidade Pública é un dos servizos mellor valorados polos cidadáns galegos

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, lembrou hoxe no Parlamento que a sanidade pública é un dos servizos mellor valorados polos cidadáns galegos e que constitúe unha prioridade para o goberno autonómico, tal e como demostran os orzamentos para o vindeiro ano. Almuiña subliñou que en 2019, a Xunta dedicará o 40,45% de seu orzamento a Sanidade fronte ao 35% que destinaba o bipartito. Isto supón un total de 3.984 millóns de euros, a cifra máis alta da historia da nosa Comunidade, o que supón 127 millóns de euros máis que en 2018 e 200 millóns de euros máis dos que investiu en sanidade o goberno bipartito. Ademais a día de hoxe, segundo remarcou o conselleiro, na sanidade pública traballan uns 38.000 profesionais, 1.544 máis que en 2008 e con mellores condicións laborais como o recoñecemento da carreira profesional e as ofertas públicas de emprego anuais.

O titular da carteira de Sanidade tamén se referiu ás melloras en infraestruturas como hospitais e centros de saúde, aos equipamentos de última tecnoloxía, á Lei de garantías de tempos máximos é ao cuarto lugar de Galicia entre todas autonomías en menor tempo de espera para unha cirurxía , como signos claros do interese do goberno da Xunta pola Sanidade pública.

Almuiña fixo mención aos bos resultados acadados pola sanidade pública española e polo tanto pola galega, en todos os informes nacionais e internacionais. No caso concreto do Barómetro sanitario de Ministerio de Sanidade, o conselleiro afirmou que no que respecta a Galicia “se analizamos a tendencia desde que se fai esta pregunta comprobamos que 2017 é o ano coa valoración máis elevada”. Almuiña referiu outros datos como os de Atención primaria, onde o 88,5% dos usuarios destes servizos en consideran que a atención prestada foi boa ou moi boa, cifra lixeiramente superior a media estatal (87,4%). No caso das persoas que utilizaron os servizos de urxencias o 84,7% refiren unha moi boa ou boa atención, fronte ao 78,1% no Sistema nacional de salud.

Mellora de tempos de atención ao infarto agudo de miocardio

Noutro orden de cosas, Almuiña referiuse ás distintas medidas que está a levar a cabo a Consellería para mellorar os tempos de atención no infarto agudo de miocardio en Galicia, en base ás recomendacións propostas pola Comisión de seguimento do Rexistro galego de infarto agudo de miocardio (Regaliam), xa que aínda que os resultados son excelentes, hai unha marxe de mellora nos tempos de atención.

Entre estas medidas, o conselleiro destacou a ampliación de horario de 8 a 22 horas no servizo de hemodinámica do HULA e do CHOU e a realización dunha campaña informativa para a poboación, para aumentar o coñecemento e identificación dos síntomas de infarto agudo de miocardio, “explicando tamén que a vía de acceso prioritaria en caso dunha sospeita é chamar ao 061”, indicou Almuiña. Outra das medidas é revisar as isocronas do 061 para o traslado dos pacientes aos centros máis próximos con capacidade para realizar unha anxioplastia primaria. Analizar pormenorizadamente todos os factores que determinan os tempo de atención dentro do hospital é outras das medidas sinaladas polo conselleiro. Tamén se seguirán realizando reunións periódicas coa comisión técnica para avaliar e actualizar o Programa galego de atención ao infarto agudo de miocardio (Progaliam).

Almuiña asegurou que os datos tamén revelan que os indicadores de mortalidade por anxioplastia a 30 días, unha vez excluídos os pacientes con parada cardiorespiratoria ou shock en Galicia foron do 3,5%, un valor moi inferior ao estándar de mortalidade do 5% establecido pola Sociedade Española de Cardioloxía como un estándar de calidade da atención.

Programa galego de atención ao infarto agudo de miocardio

Galicia conta dende o ano 2006 co Programa galego de atención ao infarto agudo de miocardio (Progaliam), cuxo obxectivo é mellorar a calidade de vida do paciente con infarto, procurando un diagnóstico e tratamento precoz, así como promover a equidade no acceso ás prestacións do sistema sanitario. Ao longo de todos estes anos, o programa consolidouse é está recoñecido como un dos mellores de España.

Para recoller toda a información sobre a morbi-mortalidade do infarto agudo de miocardio, cos datos aportados directamente polos propios servizos de cardioloxía dos hospitais e do 061, creouse en 2015 o Rexistro galego de infarto agudo de miocardio e tamén a comisión de control e seguimento, conformada por representantes do Sergas, do 061 e sete cardiólogos propostos polos respectivos xefes de servizo de Cardioloxía de cada hospital.

Outras melloras

Por outra banda, o conselleiro referiuse a outras melloras adoptadas na área sanitaria lucense que permitiron incrementar e mellorar o nivel asistencial. Neste senso, lembrou que se dotou ao Hospital Lucus Augusti de novos servizos especializados asistenciais, como a área de oncoloxía radioterápica do Hula, e a dotación de infraestruturas de alta tecnoloxía, como os dous aceleradores lineais e a gammacámara do Servizo de Medicina Nuclear (que se integra no servizo de Radioloxía) ou o TAC de planificación de Radioterapia, entre outros.

Almuiña subliñou que despois da remodelación da atención hospitalaria, o departamento autonómico iniciará proximamente a da atención primaria. Neste senso lembrou o proxecto para a construción do Centro Integral de Saúde (CIS), que se emprazará no edificio do antigo Hospital Materno Infantil de Lugo. Esta nova infraestrutura sanitaria, que conta cun orzamento de algo máis de 9 millóns de euros, prevé integrar nun mesmo edificio de arredor de 6.200 metros cadrados, todos os servizos dunha sanidade pública de primeiro nivel: o Servizo de Saúde Mental, a base do 061, o Punto de Atención Continuada (PAC) e un moderno centro de saúde mental.

Coa construción do CIS de Lugo auméntase o peso da Atención Primaria, mellóranse os servizos sanitario e a accesibilidade dos cidadáns ao sistema, ofrecéndolles aos médicos diagnósticos máis modernos e dotándoos dun centro máis cómodo, moderno e resolutivo, ao tempo que se dá uso a un edificio catalogado como histórico, que reactivará economicamente o barrio da Residencia de Lugo e que mellorará substancialmente a atención sanitaria a máis de 90.000 lucenses.