A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso que chegará a nivel vermello por mar combinada do oeste e o noroeste de 8 a 9 metros e vento do oeste forza 8, que comezará as 9,00 horas do venres día 1 de febreiro e prolongarase ata as 20,00 horas do mesmo día. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica do oeste e suroeste da provincia da Coruña e á provincia de Pontevedra. O risco será importante, nivel laranxa, por vento, neve e costeiros, na provincia de Lugo e por neve na Montaña de Ourense.
Ante a devandita situación de risco, a Secretaría Xeral para o Deporte recomenda o seguinte:
1. A Suspensión de actividades deportivas no exterior nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.
2. A Secretaría Xeral para o Deporte comunicará esta incidencia ás Federacións Deportivas Galegas, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopan as instalacións deportivas, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as federacións e entidades deportivas poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades deportivas.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.