A Sede Afundación de Vigo acolle as IV Xornadas Galegas de Dislexia

I Organizadas por AGADIX, a Asociación Galega de Dislexia, desenvolveranse o venres 20 e o sábado 21 de setembro na Sede Afundación Vigo
Publicado por o día 15/09/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

A Sede Afundación de Vigo acolle as IV Xornadas Galegas de Dislexia

A Sede Afundación Vigo acollerá o venres 20 e o sábado 21 de setembro a celebración das IV Xornadas Galegas de Dislexia organizadas por AGADIX, a Asociación Galega de Dislexia. A cerimonia de inauguración terá lugar o venres ás 16.30 h e a de clausura, o sábado ás 20.00 h.

A dislexia é un trastorno de aprendizaxe de orixe neurobiolóxica caracterizado por unha dificultade específica e persistente na aprendizaxe da linguaxe escrita. Pódese manifestar en distintos graos chegando a ocasionar unha incapacidade total ou parcial para ler e escribir ao longo da vida. Estudos recentes estiman que afecta un 10 % da poboación.


AGADIX é unha asociación sen ánimo de lucro formada no ano 2006 por nais e pais de nenos con dislexia ante a necesidade de buscar información sobre esta dificultade de aprendizaxe e difundila entre a comunidade educativa e a sociedade en xeral, buscando a igualdade e a equidade na educación.

O obxectivo das IV Xornadas Galegas de Dislexia comeza por actualizar e compartir o coñecemento sobre as dificultades de aprendizaxe, sensibilizar a sociedade sobre as consecuencias emocionais de sufrir este trastorno e reducir a elevada taxa de fracaso escolar relacionada directamente coa abordaxe da dislexia e doutras DEA no ámbito escolar.

O programa desenvólvese en base á evidencia científica, a intervención no ámbito educativo, a lexislación vixente, o plano emocional e a intervención multidisciplinar da man de Luz Rello, Jon Andoni Duñabeitia, Josep M.ª Serra-Grabulosa, Helena Alvarado,

Lorenzo Hernández, Anita Pestaña, Aitor Zenarruzabeitia, Elena Urtiaga, Marisol Caamaño, Adrián Maroñas, Marta Fariña e Esther López Carbajales.

Comentar noticia

Your email address will not be published.