A sede local da AECC de Redondela organiza unha conferencia sobre as pautas dietéticas para pacientes oncolóxicos

A charla será o venres 29 de marzo, ás 20:30 horas, no Multiusos da Xunqueira.
Por o 28/03/2019 | Sección: Galicia,Redondela
A sede local da AECC de Redondela organiza unha conferencia sobre as pautas dietéticas para pacientes oncolóxicos

O próximo venres, 29 de marzo, celebrarase no Edificio Multiusos da Xunqueira, as 20.30 horas, unha conferencia gratuita sobre pautas dietéticas para pacientes oncolóxicos, na que colabora o Concello de Redondela.

A relatora nesta ocasión será a dietista-nutricionista María Pérez Muñoz. Ó longo da conferencia explicarase a importancia de ter unha alimentación correcta e saudable durante o tempo que duran os tratamentos.

A Sede Local de Redondela conta cun despacho cedido polo Concello no Edificio Multiusos da Xunqueira (Paseo da Xunqueira s/n, 2º andar, Despacho 203.

A asociación ofrece tódolos mércores de 12:30 a 14:00 horas información, apoio e asesoramento; ademáis de ser un espazo dende o que se ofrece atención psicolóxica e social a tódolos pacientes oncolóxicos e as súas familias.

Comentar noticia

Your email address will not be published.