A segunda fase da humanización de Purificación Saavedra ascende a 317.000 euros

O Concello executará a segunda fase da humanización desta rúa cun orzamento de 317.000 euros que se suman aos 307.000 euros da primeira parte. As inversións de mellora realizadas nesta zona de Teis ascende a 4,5 millóns.
Publicado por o día 14/01/2021 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a segunda fase do proxecto de humanización da rúa Purificación Saavedra, entre Travesía Foxos e Enrique Lorenzo. O importe da licitación, a cargo dos remanentes de 2020, é de 317.735,76 euros e o prazo de execución é de 5 meses. As obras comezarán antes do verán e incluirán a renovación completa do pavimento, unha redistribución de espazos, renovación do alumeado, abastecemento e saneamento, canalización da rede de baixa tensión así como a execución dunha nova rede de rego. O Concello xa acometera a primeira fase da humanización desta rúa -entre Sanjurjo Badía e Enrique Lorenzo – cun investimento de 307.000 euros.

O rexedor detallou na rolda de prensa as actuacións realizadas no contorno de Purificación Saavedra e que ascenden aos 4,5 millóns. Humanización Sanjurjo Badía, 4 millóns; Praza Barrio das flores, 600.000 euros; macroparque Pedro Alvarado, 385.000 euros; inversións en colexios da zona, 1,5 millóns; saneamento Enrique Lorenzo, 250.000 euros; renovación do abastecemento en Oliveira, Toural, Coutadas e Espiñeiro (800.000 euros) e remodelación do entorno do Mercado de Teis, 330.000 euros.