A seguridade viaria é cousa de todas e de todos

A concellería de Seguridade Viaria imparte charlas informativas nos centros escolares en colaboración coa Policía Local
Publicado por o día 17/10/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

A seguridade viaria é cousa de todas e de todos

A concellería de Seguridade Cidadá que dirixe Vanesa Fernández impartíu en colaboración coa Policía Local unha charla sobre seguridade viaria no IES do Barral. Seguindo na liña da prevención e concienciación, a concelleira insiste en que en materia de seguridade viaria, todos e todas somos responsables.

Co obxectivo de informar e formar á mocidade e a petición da ANPA deste centro educativo, o xefe da policía local e un axente explicaron ao alumnado as boas condutas na utilización das vías públicas dende a perspectiva dos peóns (normas e obrigas), tamén como debemos circular cando imos en bicicleta, así como a utilización de vehículos de mobilidade persoal (VPM) na vía pública segundo as instrucións do artigo 16/V-124 da Dirección Xeral de Tráfico.

Ademais, a policía local introducíu o tema do consumo de drogas, tanto as legalizadas (tabaco e alcohol) como as non legalizadas.

Durante a charla tamén informaron do correcto uso dos sistemas de retención nos vehículos e os diferentes sistemas de seguridade.

O alumnado puido intervir e trasladar tanto aos axentes como á concelleira as  súas dúbidas e opinións.

Os e as participantes manifestáronlle a Vanesa Fernández a necesidade de contar cun paso de peóns na N-120, cuestión que xa está en vías de solucións segundo adiantou a concelleira “esta estrada é titularidade do estado polo que xa procedemos a solicitar a urxente necesidade dun paso de peóns e a respectiva sinalización neste tramo da nacional á altura do instituto. Pensamos que ao longo deste curso escolar poderá quedar resolto”.

A concellería de Seguridade Viaria que xa impartira estas charlas nalgúns CEIPs da cidade, seguirá con esta campaña informativa facéndoa chegar ao resto dos centros escolares.