A Semana das Ciencias obtén un recoñecemento pola súa “excelencia”

Esta iniciativa da concellería de Ensino recibe o diploma excelencia da Hands of Science, organismo internacional que promove a difusión da ciencia
Publicado por o día 15/10/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

A Semana das Ciencias obtén un recoñecemento pola súa “excelencia”

A Semana das Ciencias organizada pola Concellería de Ensino do concello de Ponteareas recibe o recoñecemento da HSCI (Hands of Science) pola súa labor de excelencia.

A organización internacional Hands of Science promove a difusión de todos os aspectos da ciencia destacando o importante traballo realizado dende Ponteareas por achegar á cienca á cidadanía.

Neste sentido, o presidente de HSCI, o portugués Manuel Filipe P.C.M. Costa, suliñou a capacidade da Semana das Ciencias para facer visible as aplicacións científicas na vida cotidiá e para amosar á poboación o lado máis divertido da investigación e práctica científica.

Entre outros dos aspectos que sumou para a obtención deste recoñecemento é o traballo en equipo de toda a comunidade educativa, dando especial protagonismo ao alumnado, aspecto que quixo resaltar a concelleira de Ensino Cristina Fernández no momento da recollida do diploma, “teño que expresar o meu profundo agradecemento a toda a comunidade educativa que se implica en todas as actividades da Semana das Ciencias, que propón ideas e que axuda a executalas, en especial o papel do alumnado ao que sempre queremos dar protagonismo e que tan ben nos representa alá donde imos”.

Unha delegación de Ponteareas encabezada por Cristina Fernández e na que participou profesorado e alumnado estivo presente na última edición de Hands of Science celebrada o pasado mes de xullo en Barcelona, logo de ter participado tamén no congreso celebrado na cidade portuguesa de Braga.

Para o Alcalde de Ponteareas é un orgullo comprobar, unha vez máis, que a capacidade de facer partícipes á cidadanía e o traballo en equipo obten resultados tan positivos como o recoñecemento de excelencia da Semana das Ciencias. “Dende este goberno sempre optamos por traballar en conxunto coa veciñanza e sabemos que este é o camiño e así o demostran recoñecementos como o que vimos de recibir, no que o traballo da comunidade educativa chega da man dunha actividade  proposta pola concellería de Ensino”.