A Senda Verde sobre a vella vía férrea chegará a Vía Norte grazas a unha nova cesión de Adif

O rexedor deu conta esta mañá nunha nova cesión de Adif dunha parcela na zona da rúa Navarra que permitirá que a Senda Verde chegue á Vía Norte. Deste xeito estes 4 quilómetros de trazado serán accesibles desde o centro da cidade o que facilitará nun futuro próximo a súa integración dentro dos carrís bici xa en marcha en Vigo.
Publicado por o día 29/06/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A Senda Verde sobre a vella vía férrea chegará a Vía Norte grazas a unha nova cesión de Adif

Abel Caballero agradeceu esta mañá a Adif a nova cesión dunha parcela na zona da rúa Navarra que permitirá que a Senda Verde que vén de Chapela sobre a vella vía do tren chegue a Vía Norte. Tal e como explicou, será preciso construír unha pasarela na zona para salvar as cotas pero deste xeito os 4 quilómetros de trazado serán accesibles desde o centro da cidade e desde a terraza da estación de Tom Mayne, canto estea construída. Outra das vantaxes da incorporación desta parcela de 4.300 m2 é que a Senda Verde poderá integrarse nos carrís bicis xa en marcha na cidade.

Esta nova cesión ten unha duración de 75 anos e non conleva canon nen taxa algunha a maiores dos 3.000 euros simbólicos establecidos no primeiro convenio. O acordo limita o seu uso a peóns e bicicletas, como xa estaba establecido no convenio de cesión dos terreos da vella vía do tren. Unha vez dado este novo paso administrativo, o Concello seguirá a traballar no proxecto de deseño da Senda Verde cun orzamento inicial de preto dun millón de euros.