A situación da base do 061 en Cangas sumida na catástrofe no maior pico da pandemia

O abandono de “Ambulancias do Atlántico – Grupo Orthem” sumado a retirada do sistema de desinfección provoca que a instalación estea actualmente inservible.

Á decisión da Empresa “Ambulancias do Atlántico” de trasladar a Vigo o sistema de desinfección en novembro do pasado ano, sumase agora un novo desbordamento de augas fecais por toda a instalación sanitaria que alberga a propia ambulancia, os EPIs ou o propio material sanitario co que se atende aos pacientes.

Esta é a terceira pero a máis grave das inundacións que sufre a base do 061 no último ano. Segundo os operarios da empresa Aqualia semella que o problema pode estar no afundimento da beirarrúa que impide que o desaugadoiro faga a súa función. A día de hoxe, a situación non ten arranxo e o persoal traballador se atopa nunha pelexa entre a empresa concesionaria, a comunidade e Concello. O problema é tan grave que ademais de non contar coas condicións hixiénico sanitarias mínimas para o persoal traballador, ocasionará retrasos na activación da ambulancia.

Pese a estar no pico máis alto de casos por COVID no Morrazo dende o inicio da pandemia (91 tan só en Cangas) as tarefas de desinfección dos vehículos sanitarios tras a atención e o traslado polo persoal sanitario do 061 dos pacientes con signos de sospeita ou confirmación por COVID-19, seguen realizarse nas instalacións que a concesionaria do 061 en Vigo. O feito de que en Cangas careza dun sistema de desinfección COVID propio provoca que a ambulancia tarde moito máis en quedar novamente operativa orixinando retrasos na asistencia á poboación que teña unha urxencia sanitaria, pese a que a posta en marcha dun novo sistema ten un custe de 75€.

Múltiples deficiencias dende a adxudicación a Ambulancias do Atlántico

A base de Cangas atravesa un verdadeiro calvario dende que a finais do 2019 o 061 adxudicase a prestación do servizo de asistencia sanitaria urxente en Cangas á empresa Ambulancias do Atlántico – Grupo Orthem”. Tres inundacións de augas fecais e un corte de subministro eléctrico por impagos ocasionaron o traslado a un hotel do persoal sanitario. Ademais, o afundimento da rúa provocou que a ambulancia non puidese saír a atender unha emerxencia e que o vehículo tivese que ser substituído para reparar o tubo de escape.

A CIG denuncia que a política da empresa Ambulancias do que dende o inicio da prestación do servizo para o 061, a empresa “Ambulancias do Atlántico” caracterizouse por impedir a participación sindical en materia de prevención de riscos laborais coa intención de intentar que os seus delegados puidesen obrigar á dirección da empresa ao cumprimento das leis. De feito, a empresa acaba de ser sancionada por segunda vez pola Inspección de Traballo e Seguridade Social de Vigo por este motivo. A liña de traballo da empresa é sempre a de investir o mínimo imprescindible aínda que iso supoña contravir a lexislación para obter o maior beneficio posible do contrato que ten co 061 a costa de poñer en perigo a seguridade e a saúde do persoal sanitario.

 

 

Nado en Vigo hai 38 anos. Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

SIGUENOS EN TELEGRAM