A situación da escola infantil “A Galiña Azul” de Torneiros

Publicado por o día 10/09/2019 na sección de Galicia,O Porriño

A situación da escola infantil “A Galiña Azul” de Torneiros

A Escola Infantil “A Galiña Azul” de Torneiros non puido abrir aínda ao non permitilo Inspección xa que non os traballos realizados non se axeitan aos requisitos establecidos. As obras comezaron o 20 de agosto, co inicio do curso enriba e cunha falta de coordinación total entre Concello e Xunta. Isto le va á situación actual: as familias, con nais e pais que traballan, non poden deixar aos
seus fillos e fillas alí. Non hai una data certa de reapertura, barállase que a vindeira semana. Mentres as familias teñen que botar man de abós e aboas ou outros parentes e mesmo de ludotecas Iso si, para facer foto e mandar á prensa houbo presa e dilixencia.

O grupo municipal EU SON do Porriño-SON EN COMÚN esixe unha solución inmediata e que dunha vez por todas se tome coa seriedade debida a conciliación da vida laboral e familiar.