A concelleira de Cultura, Carme Fouces compareceu esta mañá para avanzar novidades da vindeira edición do Salón do Libro, que tiña previsto celebrarse entre o 5 e o 21 de marzo, e entre as que se atopan o cambio de datas e de escenario: terá lugar entre o 23 de abril e o 9 de maio e contará coa Illa do Covo como espazo a maiores dos habituais. “A situación actual e que probablemente se vai prolongar durante un tempo ía impedir que as actividades se levaran a cabo cun mínimo de aforo e cunhas condicións como a nós nos gustaría celebralo, por iso pensamos como solución para este ano – e incluso valorar para edicións futuras – adiar o Salón do Libro ao 23 de abril, empezando o 23 de abril, Día do Libro e ata o 9 de maio. Son datas nas que agardamos estean as cousas mellor e como queremos traballar en escenarios ao aire libre, temos máis posibilidade de que o tempo acompañe e non fastidiar demasiado as actividades no exterior”.
Fouces lembraba na súa intervención a temática da vindeira edición “Emerxencia climática: libros para salvar o Planeta” moi relacionada coa polírica que o Concello está a levar a cabo con campañas como Efecto PO2, Composta, etc porque “non é que teñamos unha boliña para ver o futuro, senón que razobaos desde todos os ámbitos nos que nos toca xestionar, que o coidado do llaneta e o medioambiente é clave fundamental para poder vivir como seres humanos nun planeta finito. Evidentemente todo este tema da pandemia está fortemente vinculado ao destrozo que estamos a facer no planeta. Este título estaba xa pensando antes da pandemia pero está fortemente vinculado ao que Pontevedra entende como políticas públicas e para todo o mundo”.
O consolidade concurso internacional do cartaz do Salón do libro mudou tamén nesta ocasión para apoiar dun xeito contundente ás creadoras e creadores galegos. “O que fixemos foi foi recibir portafolios con traballos xa feitos polos ilustradores e ilustradores e seleccionar xa sobre este traballo en vez de solicitar que todos fagan un cartaz. Entre as 47 propostas foi seleccionada Aída Alonso, de Vigo, que será a que se leve os 3.000 da tradicional dotación do concursos internacional, pola encarga de deseñar o cartaz”, apuntou Fouces que continuou adiantando que esta aposta polos creadores locales e galegos vai ser extensiva á programación do Salón para apoia de xeito contundente ao sector cultural que tanto está a sufrir por mor da situación.”
Sobre a o desenvolvemento do Salón Carme apuntou que “a cultura debe ser sostible e democrática polo que imos facer parte, xa dende o 2 de abril con pequeñas pilulas en redes – xa coa experiencia do ano pasado que nos vai dar certa cancha para traballar no ámbito virtual – e loitar todo o que poidamos, de aí ese cambio de datas, porque a presencialidade sexa importante e a xente poida asistir físicamente ás actividades do Salón con seguridade e protocolos moi rigorosos: diversificaremos os espazos, o tradicional do interior do Pazo e o exterior para evitar amoreamentos; iremos nós aos coles para achegar o espírito aos centros. Deixamos a porta aberta a visitas escolares – sempre con aforos reducidos e protocolos – pero entendemos que van a ter grandes dificultades para facer saídas e seremos nós o que levemos actividade aos centros. E Seguindo á liña de que a cultura debe se democráctica e “nestas circunstancias é sanadora e todo o mundo está expectante e desexoso de actividades familiares, porque sobre todo a cativa está a padecer en silencio en con moita resilencia a pandemia, todos os espectáculos van ser gratuitos. Ata agora algunas estreas ou respectáculos de certa embergadura tiña un custo simbólico de 3€ pero este ano imos prescindir totalmente de esa achega e todo os espectáculos van ser de balde para alimentar esa alma e esa mente, que tanta falta nos fai para saír desta situación tan negra na que neste momento aínda nos vemos”
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.