A Sociedade Atlética Val Miñor organiza o sábado día 27 de abril de 2019 a “1ª Carreira Popular Concello de Gondomar”

A Sociedade Atlética Val Miñor organiza o sábado día 27 de abril de 2019 a “1ª Carreira Popular Concello de Gondomar”, coa colaboración e patrocinio da Concellería de Deportes do Concello de Gondomar.

As probas de atletismo darán comezo a partir das 18:30h.
Poderán participar cantas persoas o desexen estean ou non federados. O circuíto discorrerá polas rúas de Gondomar para as categorías menores (ata cadetes inclusive), e polos arredores do Concello para a carreira absoluta (5 km).

A carreira ten carácter gratuito nas categorías menores, e na categoría absoluta con un percorrido de 5 km, e 5€ de cota de inscrición que deberá aboar a través da pasarela de pago e cubrir os datos solicitados no formulario.

Haberá agasallo conmemorativo para todos os participantes ata fin de existencias e trofeo para os tres primeiros clasificados en todas as categorías.

O prazo de inscrición remata o 23 de abril de 2019 as 20:00h.
Máis información e inscrición: https://bit.ly/2WoAohL
Percorridos: https://bit.ly/2HJ6wtq

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM