A solidez dun Arealonga FS fronte ó líder

Publicado por o día 09/02/2020 na sección de Deportes,Fútbol Sala,Galicia,Redondela

A solidez dun Arealonga FS fronte ó líder

Así mesmo, o noso sénior feminino da liga local tamén se enfrontaba no Pavillón Municipal de Chapela “Manuel González Soto”, na súa décima quinta xornada de liga a un CVC Valladares que lidera a táboa.

Encontro que comezaba prometedor, presionando con multitude de ocasións e varios tiros pero con pouco acerto. Xogadoras ben dirixidas polo seu adestrador e a un ritmo moi serio, para o que este partido demandaba.

Inda que as rivais marcaron o primeiro gol aos seis minutos de comezar o partido, as nosas non permitirían rematar o primeiro tempo sen conseguir o empate (1-1); marcador co que remataría o partido.

Comentar noticia

Your email address will not be published.