A Subdelegación do Goberno non tiña coñecemento da pasarela sen saida na N-120

Publicado por o día 23/10/2019 na sección de Galicia,Vigo

A Subdelegación do Goberno non tiña coñecemento da pasarela sen saida na N-120

Os nosos compañeiros do Atlantico Diario viñan a informar no día de onte que “a competencia sería de Fomento: o ministerio puxo en marcha con enorme atraso unha actuación de mellora dalgúns tramos da autovía que contemplaba a ampliación de carrís de saída e o radio dalgunhas curvas, onde se incluíu a ampliación da capacidade da pasarela que agora se quedou sen saída. A empresa que tiña o contrato do viaduto limitouse a colocalo. O valo limita unha leira particular, ata o de agora sen sinalizar e que podía percorrerse. Segundo os veciños, a parcela, agora valada, sería de titularidade da Comunidade de Montes de Cabral, aínda que dito extremo non está confirmado. En canto á outra posible saída, cara ao Carlos Casares, neste momento resulta imposible polo muro e o terreo empinado”.

“Na Subdelegación do Goberno non se coñecía o ocorrido, aínda que se inclúe dentro das obras en marcha, que aínda non finalizarían. Mentres tanto, onte circulaba polas redes un vídeo caseiro dunha persoa que se atopou coa sorpresa de cruzar unha pasarela cara a ningunha parte. “Unha forma de tirar o diñeiro sen ningún sentido”, sinalaban no próximo restaurante Casa Seijo, directamente afectado” finalizaba o Atlántico Diario na súa información.

Unha veciña a noticiasvigo.es nos confirma que no día de hoxe estaban uns camións a traballar na zona onde a veciña que gravo o vídeo e que poden ver nesta información e nas nosas redes sociais xa que foi publicado no dia de onte.

Ponte elevadiza cara o IES Carlos Casares

#Vigo #VideoDenunciaChéganos a NV este vídeo, vídeo denuncia da ponte que cruza a N-120.Ponte que vai dar ao IES Carlos Casares, centro educativo que denunciara en reiteradas ocasións os perigos que teñen a mocidade para acceder ao centro educativo.

Publicada por Noticias de Vigo en Martes, 22 de octubre de 2019

Comentar noticia

Your email address will not be published.