A Travesía Ría de Foz reúne este domingo a 350 padeeiros

Publicado por o día 23/08/2019 na sección de Deportes,Piragüismo

A Travesía Ría de Foz reúne este domingo a 350 padeeiros

Uns 350 piragüistas participarán o vindeiro domingo na Travesía Ría de Foz, que alcanza a súa 57 edición, o que a converte nunha das probas máis lonxevas do calendario nacional. A presentación da regata celebrouse onte nas instalacións do club focense. A saída da regata puntuable para as distintas ligas galegas, darase ás 12:00 horas fronte ás instalacións que o Club Kaiak de Foz, organizador do evento, ten no porto, o mesmo lugar no que tamén estará situada a liña de chegada. Nesta ocasión a travesía focense conta con 30 clubs, 252 embarcacións e 349 deportistas das categorías cadete, xuvenil, sénior e veterano