A unanimidade dos grupos modifica a ordenanza que grava ás empresas de telecomunicación a ocupación de dominio público

Publicado por o día 30/10/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A unanimidade dos grupos modifica a ordenanza que grava ás empresas de telecomunicación a ocupación de dominio público

Todos os grupos apoiaron esta mañá unha modificación do artigo 4.5 da ordenanza 30 para garantir e dar seguridade na recadación das taxas das empresas de telecomunicacións pola ocupación de dominio público. O Concello viña gañando nos tribunais aos intentos das compañías de non abonar estes importes e as sentenzas das diferentes instancais non so referendan a posición do goberno local senón que dan argumentos adicionais que agora se plasman na ordenanza.