A unidade de rúa do albergue municipal realizou a semana pasada 32 intervencións en practicamente todas as zonas da cidade. Tal e como explicou o rexedor a meirande parte das persoas atendidas rexeitaron pernoctar nos albuergues pero algúns deles se aceptaron facer uso dalgúns dos servizos como o comedor ou as duchas.
A través da unidade de rúa, aténdese ás persoas sen fogar cunha traballadora social que lles ofrece alimentos e un kit de hixiene, que maioritariamente son aceptados. Tamén se lles oferta servizos de pernocta ou comedor, así como asesoramento para realizar trámites, buscas de aloxamento alternativo ou citas médicas.
Este servizo de atención na rúa opera de luns a venres en horario de mañá e de tarde (de 11,00 a 13 horas e de 18,00 a 20,00 h).
Ocupación albergues
Nestes momentos, o albergue municipal de Marqués de Valterra ten 38 prazas ocupadas, con 9 persoas máis no piso básico. As instalacións da Fundación Santa Cruz acollen a 10 persoas polo que na actualidade contamos con 28 prazas vacantes.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.