A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 5 e sábado 6 de abril

Publicado por o día 04/04/2019 na sección de A Guarda,Galicia

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 5 e sábado 6 de abril

O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que a partir do día 4 de abril ábrese o  prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2019.

Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con fillos/as menores de tres anos, nacidos entre o 01 de xaneiro de 2016 e 31 de decembro de 2017 (inclusives) e   non  tivesen obriga de presentar a declaración do IRPF do ano 2017, nin se tivese presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados.

O prazo para a presentación das solicitudes  rematará o día 28 maio 2019.

Para máis información e tramitación da axuda dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda. O horario de atención é de  9:00 a 13:00h, os luns, mércores e xoves.

Comentar noticia

Your email address will not be published.