A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 6 e sábado 7 de setembro

Publicado por o día 26/08/2019 na sección de A Guarda,Galicia

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na Guarda o venres 6 e sábado 7 de setembro

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres día 6 e sábado día 7 de setembro.

Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (Ao Carón do Centro Cultural) o venres 6 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 7 en horario de 10:00 ás 15:00 horas.

O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadas as 500 doazóns de sangue que se precisan nos hospitais galegos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.