A unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia visita Silleda o vindeiro luns día 24

Por o 21/09/2018 | Sección: Galicia
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia visita Silleda o vindeiro luns día 24
Compartir en:

O municipio de Silleda volve recibir a visita da unidade móbil do Centro de Trasfusión de Sangue de Galicia (CTG). A cita será na capital municipal o vindeiro luns día 24.

As persoas que desexen facer doazóns poden acudir á unidade, que estará no lugar de costume, na avenida do Parque, fronte á parada de taxi, en horario de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

O Concello e o CTG, amosan o seu agradecemento a todos os veciños e veciñas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue e permiten deste xeito que moitos enfermos recuperen a súa saúde.

Comentar noticia

Your email address will not be published.