A unión comarcal de CCOO de Vigo entregará o día 27 de abril os premios 1º de Maio ao compromiso social e á solidariedade

Por o 29/03/2018 | Sección: CC.OO,Sindicatos
A unión comarcal de CCOO de Vigo entregará o día 27 de abril os premios 1º de Maio ao compromiso social e á solidariedade
Compartir en:

Estes premios salientan a traxectoria laboral, persoal e social de diferentes persoas e colectivos. Os homenaxeados de 2018 recibirán o seu galardón no decurso dun acto que comezará ás 20.00 h, no salón do Auditorio Mar de Vigo. As invitacións estarán dispoñibles en CCOO a partir do día 2 de abril e ata completar o aforo.

BICOS DE PAPEL

Bicos de papel é unha asociación que axuda a nenos e nenas oncolóxicos e as súas familias dende o momento da diagnose.

É unha asociación sen ánimo de lucro que nace da unión dunhas familias que un día reciben a nova de que un dos seus peques ten cancro. A partir dese momento todo cambia para as familias e sobre todo para os menores: ciclos de medicación, horas e horas de hospital e un longo e difícil camiño.

O obxectivo é estar aí dende o primeiro momento, axudando en todo o que se poida, brindando o apoio psicolóxico e a orientación as nais e pais e familiares máis preto, axudar as familias desprazadas, que as nenas e nenos poidan xogar xuntos sin riscos, que o tempo que pasen ho hospital sexa o máis divertido e normal posible, tentando que a súa educación se vexa o menos posible afectada ao longo da enfermidade.

Trátase de que a súa vida sexa o máis parecida á de calquera outros nenos/as da súa idade, e para cumprir este obxectivo crearon cinco programas diferentes, arredor dos que xiran todas as súas actividades: sorrisos, o noso lar, escola, agarimo e medramos.

JOSÉ CAMESELLE ROMERO

Nado en Vigo en 1950, comeza aos 11 anos a súa andadura laboral no Asteleiro HJ Barreras. No 1966 ingresa nas Comisións Xuvenís, organización impulsada por CCOO como movemento socio-político.

José Cameselle, Pepe, colócase na primeira liña da loita movido pola emigración, a miseria das familias, a falta de liberdade e de oportunidades e a falta de estudos universitarios para a clase obreira.

Naquelas CCOO Xuvenís séntiase parte da loita por un sindicalismo libre e participativo: deseñaban que facer, como e onde.

Foi asumindo o risco de estar fichado, controlado e perseguido permanentemente pola policía. Entre 1968 e 1971 foron os anos máis duros das CCOO, Vigo marcaba a pauta no país, non é que fóramos máis adiantados ca o resto de Espña, pero si que tiñamos sempre un traballo moi pegado á realidade.

Participou activamente na loita polas liberdades democráticas, na consecución da liberdade dos presos políticos e sindicais, na súa readmisión nos seus postos de traballo, (él mesmo sufriu persecución e cárcere e reincorporouse a H.J. Barreras), no triunfo electoral nas eleccións sindicais de 1975, onde democráticamente se derrotou ao sindicalismo vertical, na loita sindical na defensa do sector naval da ría de Vigo, etc.

José Cameselle Romero dirixiu o Sindicato do Metal de CCOO ata o ano 2004, cando é elixido secretario xeral da Unión Comarcal de CCOO de Vigo, cargo de desenvolveu ata o 2012.

A familia das CCOO lembra con cariño a súa fortaleza, a súa socarronería e bo facer.

Foise lembrándonos a todos e a todas que os esforzos pagaron a pena e que ser sindicalista é unha vocación.