UXP Vigo lémbralles aos pensionistas que traballaron a tempo parcial e se xubilaron antes do 12 de agosto a que teñen dereito a reclamar porque se lles aplicou un coeficiente redutor (coeficiente de parcialidade) que foi declarado nulo polo Tribunal Constitucional o pasado 3 de xullo de 2019. E, xa que a Seguridade Social só aplica dende o 12 de agosto de oficio a sentenza ás novas pensións, se non hai reclamación, as anteriores quedarán sen gozar deste beneficio. Por iso, UGT xa puxo en marcha no seu momento a campaña “Pensionista reclama. É de xustiza. É o teu dereito” . O Sindicato insiste en que os afectados poden dirixirse a calquera das sedes que UGT ten en Galicia para asesorarse e iniciar os trámites para facer a reclamación.
UGT aposta por aplicar a retroactividade porque a doutrina do Tribunal de Xustiza da UE establece que non se poden limitar temporalmente os dereitos dos afectados por esta discriminación. Esta doutrina prevalece sobre o que digan os tribunais nacionais, incluído o TC español.
Dende UGT aclárase que o alcance real da sentenza chega aos pensionistas cando a súa parcialidade da xornada laboral sexa inferior ao 67% da de tempo completo ou que carezan de complementos a mínimos porque ao recalcular a pensión quedaría absorbido o efecto da propia sentenza.
Segundo as estimacións do Sindicato, xa que a Seguridade Social non facilita datos concretos ao respecto, e en base a datos da EPA, en Galicia poderían verse beneficiados da aplicación da demandada retroactividade uns 6.000 pensionistas (120.000 en todo o Estado). Así, Galicia, xunto co País Vasco, sería a cuarta comunidade con máis beneficiarios. Só estarían por enriba comunidades con moita máis poboación, como Andalucía, Cataluña, Comunidade Valenciada ou Madrid.
Para o Sindicato, outra das grandes eivas da sentenza é que só considera inconstitucional a forma de calcular o período cotizado pero non se pronuncia sobre a base reguladora das pensións de xubilación das persoas a tempo parcial, que orixina tamén a redución da contía destas pensións.
13,6% dos traballadores galegos teñen un contrato a tempo parcial e, destes, o 52,8% o teñen de xeito involuntario. Do total, o 74,3% corresponde a mulleres. A parcialidade ten rostro de muller
A nulidade reside nun principio de discriminación, debido a que son as mulleres as que na súa maioría traballan a tempo parcial, o 74,3% do total en Galicia. Polo tanto, a razón da inconstitucionalidade vincúlase a unha discriminación indirecta por razón de sexo. O que se está cuestionando, ou alomenos, o que se debería cuestionar é unha brecha de xénero nas pensións que deriva dunha brecha do propio mercado laboral e mesmamente dun mercado laboral precarizado, sobre todo, dende a imposición da reforma laboral de 2012. Non se pode esquecer que o 13,6% da totalidade dos traballadores galegos teñen un contrato a tempo parcial e que, destes, o 52,8% afirman ter esta modalidade de contratación por non atopar un a tempo completo.
Por iso, UGT entende que, ademais dos casos concretos dos afectados aos que non se lles recoñece o dereito por ter operativa a pensión antes do 12 de agosto, hai que defender xa unha reforma en profundidade para mellorar a protección social neste país. Trátase de dar resposta a estas formas de atipicidade no emprego, máis ben de precariedade laboral, e desde un enfoque de xénero.
Xa que a sentenza non vai resolver totalmente os problemas reais que teñen os traballadores a tempo parcial, en materia de pensións: contías baixas, limitacións no complemento a mínimos, acceso tardío á xubilación anticipada e á ordinaria, a maioría terán que facelo aos 67 anos. O novo Goberno ten que asumir esta obriga, impulsando novas normas legais, cosensuadas no marco deo diálogo social.
O novo Goberno ten que asumir esta obriga impulsando novas normas legais, consensuadas no marco do diálogo social.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.