A Universidade conmemorará San Tomé premiando aos seus 150 mellores estudantes

150 estudantes de grao, mestrado e doutoramento recibirán o vindeiro 28 de xaneiro a homenaxe da comunidade universitaria, no transcurso do acto de celebración do patrón da institución, San Tomé de Aquino. Ás 12.00 horas no salón de actos da Facultade Ciencias Económicas e Empresariais dará comezo un acto académico no que se entregarán os 45 premios extraordinarios de grao, 23 premios extraordinarios de doutoramento e sete premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e máster. A estes galardóns súmanse as distincións aos mellores expedientes do alumnado de novo ingreso: 60 premios de excelencia para o estudantado que comezou neste curso os estudos de grao e 15 de para os que comezaron un mestrado.

O reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e varios membros do equipo de goberno serán os encargados de entregar medallas e insignias ás e aos premios extraordinarios fin de grao e de doutoramento, mentres que as e os galardoados cos premios de excelencia académica de grao e mestrado ao alumnado de novo ingreso recibirán un diploma. A cerimonia completarase co discurso do reitor, no que fará un repaso polo fitos máis importantes do pasado ano 2019, e coa actuación musical de Son Trío. O acto pecharase co acto coa tradicional interpretación do Gaudeamus Igitur.

O acto académico da festividade de San Tomé de Aquino coincide nesta ocasión co propio día da efeméride, polo que será día festivo na Universidade de Vigo o día anterior, o 27 de xaneiro, no que as instalacións dos tres campus permanecerán pechadas.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM