A USDG denuncia anomalías no comezo do curso escolar

Publicado por o día 18/09/2018 na sección de Educación,Sindicatos

A USDG denuncia anomalías no comezo do curso escolar

O novo sindicato Unión Sindical Docente de Galicia (USDG), ante o inicio do curso académico 2018-2019 quere explicar as principais anomalías que sofre, un ano máis, a comunidade educativa
galega.

O personal docente que chega novo aos centros educativos tanto e primaria, secundaria, ensinanzas esepeciais (sexan persoal funcionario ou interino) son nomeados con apenas uns días de
antelación con respecto ao principio do curso. Nesta ocasión a listaxe foi publicada pola Consellería de Educación o 11 de setembro (e correxida en varias ocasións polos erros cometidos). Se iso xa é un problema pola premura para incorporarse aos novos destinos con pouco tempo para preparar o inicio de curso, o novo profesorado non pode asinar os seus contratos ate o día 17. Todos? Non! Os que enlazan este novo curso co anterior, asinarán con data de 15 de setembro.

O luns 17, polo tanto, os profesores de secundaria estarán xa nos seus novos destinos e terá lugar o claustro inicial no que se lles dará o horario e lles indicarán qué cursos teñen que impartir. Os
claustros comezan sempre, como é normal, coa lectura e aprobación se procede da acta do Claustro anterior e o devandito claustro foi a pasada semana sen a presenza deses milleiros de profesores que son nomeados en setembro, é dicir, dito claustro foi onde se repartiron os cursos para cada profesor obviando ao novo profesorado e é esa acta a que debe ser refrendada por eles. Como? Se non estaban convocados para él.

Este problema teno profesorado que tivo a sorte de contar con traballo neste curso, porque estimase en 400 os postos de traballo perdidos neste novo curso a pesar da publicidade que fai a Consellería de Educación. Prazas que se amortizan misteriosamente, ciclos formativos que deixan de impartirse (ou que se conceden a centros privados), necesidades claras que se obvian para aforrar en profesorado. Neste sentido o caso máis chamativo é o do IES de Brión no que a comunidade educativa pechouse pola noite no Instituto e mesmo a Dirección do centro dimitiu porque a Consellería négalles o profesorado que precisan incumprindo as xa abusivas ratios de alumnado por aula (se hai máis de 30 alumnos nun curso da ESO deberán facerse dúas aulas e non só unha).

O colectivo de profesores interinos –os peor parados do colectivo de profesorado- suman esta incertidume ao problema dos acordos de estabilización do profesorado e á onda de reclamacións que
puxeron ante o proceso selectivo deste verán (as oposición a profesores) e que aínda están sen resolver, sexa na vía administrativa a través de recursos de alzada ou incluso na vía xudicial xa que as Oposicións foron impugnadas antes de producirse e o caso está no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Esta anomalía citada de que algúns profesores teñen continuidade nos seus contractos do ano pasado (teñen data de 15 e non de 17 de setembro) é unha proba máis do vencellamento deses
docentes coa Consellería de Educación, onde algúns docentes contan con más de 10 e mesmo 20 anos de experiencia (tendo, por lei, os seus dereitos por antigüidade adquiridos) pero para a Consellería de Educación non teñen os mesmos dereitos que os traballadores de calquera empresa privada que se encadena 3 anos de contratos é obrigada a facer indefinidos a eses traballadores.

Este problema afecta a profesorado, alumnado e familias porque a calidade do ensino vese afectada por estas situacións inxustas e arbitrarias e onde priman máis os intereses políticos e
económicos que os educativos. As dirección dos centros non teñen os recursos humáns que precisan e non o saben ate case o mesmo día de comezo do curso; o profesorado non ten tempo para preparar o curso con antelación; o alumnado chega ao instituto, centro de formación, conservatorio… no medio dun caos absoluto. Todos perdemos.