A.V. de Teis convoca unha concentración este 30 de decembro diante do Concello de Vigo

Publicado por o día 29/12/2020 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

A.V. de Teis convoca unha concentración este 30 de decembro diante do Concello de Vigo

A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha nova concentración mañá 30 de decembro ás 10:00 horas, no Concello, coincidindo coa celebración do pleno municipal do mes de decembro, para reivindicar das administracións implicadas a mellora dos pasos elevados sobre a autoestrada AP9 en Teis, en concreto os pasos dos camiños da Xorxa e da Trapa.  

Como xa fixeran público onte, o  pasado 23 de decembro, solicitou por escrito a intervención dun representante da asociación no pleno municipal do vindeiro 30 de decembro, para expor a demanda da mellora dos pasos elevados na autoestrada AP9 en Teis, en concreto os pasos sobre os camiños da Xorxa e da Trapa, como así recolle  o regulamento orgánico do pleno, no  seu artigo 54.

A decisión de solicitar a intervención  no pleno por parte da asociación, débese a que levamos meses reivindicando a mellora dos pasos elevados sobre a autoestrada AP9, por parte das diferentes administracións, sen ter aínda unha solución.

Até o de agora, non recibiron ningunha resposta desde o Concello a sua solicitude de intervención no pleno ordinario de mañá, no caso de  que non se permita, daran lectura da intervención prevista no pleno ás 10:30 horas, na praza do Concello.   

Comentar noticia

Your email address will not be published.