A.V. de Teis, convoca unha concentracón este sábado 12 de decembro ás 17h, no aceso a AP9

Publicado por o día 11/12/2020 na sección de A.V. Teis,Galicia,Protestas,Social,Vigo

A.V. de Teis, convoca unha concentracón este sábado 12 de decembro ás 17h, no aceso a AP9

A Asociación Veciñal de Teis, convoca unha concentración este sábado 12 de decembro ás 17:00 horas, na avenida de Buenos Aires, a altura do aceso a AP9, para esixir a mellora dos pasos elevados na Xorxa e na Trapa, a instalación de pantallas contra o ruído e a conversión da autoestrada en tramo urbano desde Padín.

Pasos elevados

Levamos desde xaneiro de 2019, esixindo a mellora dos pasos elevados da Xorxa e da Trapa, debido a súa falta de mantemento e para impedir a incomunicación deste lugares de Teis, pois o Ministerio de Transporte despois de 40 anos da súa posta en funcionamento, considera que son pasos peonís e quer impedir o paso de vehículos.

Pantallas contra o ruído

O tramo de Teis até o centro da cidade da autoestrada AP9, presenta un dos niveis de contaminación máis altos de contaminación acústica a nivel de Estado, así o recoñece a propia concesionaria e o Ministerio de Transporte. Porén, neste tramo non existe nin un só metro de pantallas contra o ruído.

Conversión autoestrada AP9 en tramo urbano

É unha reivindicación histórica a necesidade de converter a autoestrada desde as Torres de Padín até o centro da cidade, pase a ser unha vía urbana con acesos, para desconxestionar de trafico tanto Tais como Chapela. No caso de Tais, para reducir o tráfico da rúa Sanjurjo Badia e a Travesía de Vigo .

A discriminación da cidade, por parte do Ministerio

No caso da autoestrada AP9 o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, ten unha actitude de só defender os intereses da concesionaria da autoestrada e discrimina a cidade.

Por último, nestas reivindicacións debe haber unha implicación do goberno municipal de Vigo, que non pode seguir, sendo unha comparsa do goberno do Estado.

Comentar noticia

Your email address will not be published.