A A.V. de Teis, denuncia o abandono do paseo do borde maríño da Guía

Publicado por o día 06/08/2020 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

A A.V. de Teis, denuncia o abandono do paseo do borde maríño da Guía

A Asociación Veciñal de Teis, ven denunciar a falta de mantemento do paseo do borde do litoral da Guía. Este paseo realizouno o Ministerio de Medio Ambiente en 2010 e desde aquela encargase do seu mantemento o Concello de Vigo.

Este paseo que era unha vella reivindicación veciñal, que conseguiron logo de moita anos de presión veciñal, percorre desde o campo de fútbol até a praia da Lagoa.

Hai quince días presentaron un escrito no Concello de Vigo, denunciando a falta mantemento e o abandono deste espazo (non se roza a vexetación, non se coida dos espazos verdes, a iluminación do paseo non funciona, etc ) polo de agora sen resposta.

A vexetación tamén invade a baixada a praia do Cabrón e a varanda de madeira esta deteriorada. Ao longo deste anos non é a primeira vez que denunciamos a falta de mantemento deste paseo.

Non se corta a vexetación desde hai meses, as silveiras nalgún tramo xa ocupan o paseo, os espazos verdes carecen de mantemento. Os coches ocupan unha das zonas verdes.

É necesario a reposición dun pivote que impida o paso de vehículos polo vía de servizo, pois este paseo é peonil.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideran escandaloso a falta de mantemento por parte do Concello de Vigo, deste paseo.

A falta de mantemento das zonas verdes en Teis

Desde o mes de xuño esta Asociación, denunciou en varias ocasións a falta de mantemento de zonas verdes en Teis, como é o parque da Guía, o paseo marítimo da ETEA, a praia da Punta e agora suman o paseo do borde marítimo da Guía. Esta situación require unha actuación urxente do goberno municipal para garantir o mantemento das zonas verdes en Teis.

Comentar noticia

Your email address will not be published.