A.V. de Teis e Chapela, denuncian que levan dous anos, para aprobación definitiva do plan de acción contra o ruido, que afecta a autestrada AP9

Publicado por o día 14/12/2018 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

A.V. de Teis e Chapela, denuncian que levan dous anos, para aprobación definitiva do plan de acción contra o ruido, que afecta a autestrada AP9

As Asociación Veciñais de Teis e Chapela, se dirixiron por escrito ao Director Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento, esixindo a aprobación definitiva do plan de acción controa o ruído (2ª fase) das estradas da rede do Estado en réxime de concesión (autoestradas de peaxe), que afecta a autoestrada AP9.

O 26 de novembro de 2016, o BOE número 286, publicaba o anuncio da Dirección Xeral de estradas polo que se sometía a información pública o Plan de Acción Contra o ruído.

A Asociación Veciñal de Teis, presenta por escrito o 26 de xaneiro de 2017, unhas observacións para reclamar, que debía recollerse un calendario de prazos de execución de todas as actuacións.

Este Plan recolle 26 zonas de actuación no Estado para reducir a contaminación acústica, entre elas unha actuación no tramo Teis- Vigo, pois como recolle o mapa Estratéxico do Ruído (MER) elaborado por Audasa en 20012, recolle datos moi preocupantes de contaminación acústica en Teis.

O Plan nas proposta de zonas de actuación, recolle tres tipos de grao de actuación: alto, grao medio e grao alto, tendo en conta o número de persoas afectadas e actividades sensíbeis pola contaminación acústica. A zona de Teis figura como grao alto.

A realidade é que dous anos despois que o Plan de Acción Contra o Ruído (2ª fase), fose sometido a información publica aínda non esta aprobado de xeito definitivo e polo tanto non se esta aplicando ningunha medida, nas zonas de actuación, como Teis e Chapela.

No caso da autoestrada AP9, é escandaloso que desde Rande até o centro da cidade de Vigo, non exista nin un só metro de pantalla acústica ou barreiras contra o ruído, para reducir o impacto medio ambiental desta infraestrutura en Teis e Chapela. Temos que ir até norte de Portugal para comprobar como en todas as autovías (A3, A27 ou A28) que no entorno de núcleos de vivendas existente pantallas ou barreiras contra o ruído.