A.V. de Teis, esixe a creación de lugares de estacionamiento en Teis

Por o 08/02/2019 | Sección: A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo
A.V. de Teis, esixe a creación de lugares de estacionamiento en Teis

Desde a Asociación Veciñal de Teis, observan que en Teis desde hai anos temos un problema grave de falta de prazas de estacionamento.

O pasado mes de xullo de 2018, esta Asociación xa denunciaron que o proxecto humanización do encontro da rúa Sanjurjo Badía co Barrio das Flores, coa creación dunha nova praza, suporía a eliminación de prazas de estacionamento na zona e agravaría o problema da falta de estacionamento en Teis.

O goberno municipal, só elimina prazas, pero non se planifica solucións, como crear novas zonas de aparcamento ou a construción dun estacionamento soterrado.

A Asociación Veciñal de Teis, diante da falta de solucións por parte do goberno municipal o pasado mes de xaneiro, solicitan por escrito que se acondicionara o entorno da piscina e se creara unha nova area de estacionamento.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideran urxente crear varias zonas de estacionamento de xeito inmediato, como paso previo a construción dun estacionamento soterrado, como existen noutros barrios de Vigo, como o Calvario ou Coia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.