A. V. de Teis, esixe ao Concello de Vigo, que solicite ao ministerio, a mellora dos pasos elevados da Xorxa e da Trapa

Está mañá a Asociación celebrouse unha concentración diante das dependencias da Subdelegación do Goberno en Vigo
Publicado por o día 20/11/2020 na sección de Galicia,Protestas,Vigo

A. V. de Teis, esixe ao Concello de Vigo, que solicite ao ministerio, a mellora dos pasos elevados da Xorxa e da Trapa

Está mañá a Asociación Veciñal de Teis, convocou unha concentración diante das dependencias da Subdelegación do Goberno en Vigo, para esixir a mellora dos pasos elevados na autoestrada AP-9 en Teis, especialmente no camiño da Xorxa e da Trapa, debido a falta de mantemento dos mesmos.

Levamos anos esixindo ao Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana uns pasos elevados seguros na autoestrada AP-9, que impidan a incomunicación en Teis.

O pasado 17 de novembro, está Asociación dirixiuse por escrito ao Concello de Vigo, solicitando que se dirixa ao Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda urbana, solicitando a mellora dos pasos elevados sobre a autoestrada AP9 en Teis, en concreto que se reforce a estrutura especialmente dos pasos elevados da Xorxa e da Trapa.

Está Asociación, mantivo a pasada semana unha conversa coa Demarcación de Estradas do Estado en Galiza, na que se nós indicou que debía ser o Concello de Vigo, como responsábel destes camiños, integrados no viario municipal, quen solicitará o reforzo da estrutura destes pasos elevados, para o Ministerio actuará.

Polo que agardamos do Concello de Vigo, que actúe con axilidade é solicite por escrito ao Ministerio Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana mellora deste pasos e dar unha solución a está xusta reivindicación veciñal.

Comentar noticia

Your email address will not be published.