A. V. de Teis, reivindica desde hai varios anos a colocación dun semáforo na Avenida de Galiza

A Asociación Veciñal de Teis, queremos denunciar que levamos reivindicando desde o ano 2016, a colocación dun semáforo nun paso de peóns na avenida de Galiza (PO-323), a altura do número 66.
Por o 13/09/2018 | Sección: A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo
A. V. de Teis, reivindica desde hai varios anos a colocación dun semáforo na Avenida de Galiza

A Asociación Veciñal de Teis, queremos denunciar que levamos reivindicando desde o ano 2016, a colocación dun semáforo nun paso de peóns na avenida de Galiza (PO-323), a altura do número 66.

Este paso de peóns é moi utilizado pola veciñanza, pois atopase próximo a baixada cara o centro de saúde e xunto ao carón dunha parada do autobús.

Debido a seu emprazamento consideramos urxente a colocación deste semáforo co obxectivo de garantir a seguranza da veciñanza . Ademais, o paso de peóns atopase nun lugar con pouca visibilidade e pode haber atropelos.

Desde a Asociación, dirixímonos por escrito ao Concello de Vigo e a Consellaría de Infraestruturas,en 2016 e 2017 e o pasado mes de agosto deste ano, sen recibir ningunha resposta de ningunha administración implicada.

Queremos lembrar que aínda que é unha estrada autonómica, todos os semáforos existentes nesta avenida, foron colocados sempre polo Concello de Vigo.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideramos prioritario garantir a seguranza da veciñanza é escandaloso o desleixo do Concello e Consellaría de Infraestruturas, para resolver esta reivindicación.

Nado en Vigo hai 36 anos. Nacionalista Galego, Fotógrafo, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

Comentar noticia

Your email address will not be published.