A Valedora do Pobo alerta dos retrasos na sanidade e nas valoracións da discapacidade

Por o 08/05/2018 | Sección: Política,PSOE,Sanidad
A Valedora do Pobo alerta dos retrasos na sanidade e nas valoracións da discapacidade
Compartir en:

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión da Valedora do Pobo, Patricia Vilán, sinalou hoxe aos retrasos nas valoracións da discapacidade e na sanidade denunciados no informe da Valedora do Pobo. Así o dixo logo da comparecencia en Pleno da alta comisionada do Parlamento, para presentar o informe correspondente ao ano 2017.

Vilán apelou á propia Valedora cando sinalou a “falla de compromiso” nas políticas sociais por parte do goberno, así como cando reclamou “máis transparencia nas listas de espera da Sanidade e atrancos burocráticos na tramitación das axudas polos lumes forestais”.

Vilán sinalou que hoxe un 77,4 por cento da cidadanía non xustifica os atrasos xeneralizados na Administración. “É falso que os atrasos non producen efectos prexudiciais”, declarou, para sinalar que a demora supón a “perda” dos beneficios fiscais para as familias, bolsas do Ministerio de Educación para alumnos con necesidades específicas, prazas de aparcadoiro, entrada na universidade ou oposicións.

A responsable socialista puxo o acento sobre os graves retrasos nas valoracións da discapacidade, que supoñen gran parte das queixas e recomendacións mentres acumulan ata 3 anos pola falla de medios e os demandantes chegan a falecer na lista de agarda. Vilán reivindicou a figura do Valedor da persoa con discapacidade, unha petición do antecesor da actual valedora que foi abandonada coa nova dirección.

Así mesmo, a deputada socialista destacou o elevado número de queixas rexistradas relacionadas coa sanidade pública, o apartado que máis reclamacións recolle, e sinaladamente sobre unhas listas de espera “insoportables”. Criticou que a Xunta “non fai nada” mentres o informe da Valedora conclúe “esixindo coñecer de inmediato a data de atención”.

Incendios

Pola súa banda, sinalou, o propio informe da Valedora alerta das trabas burocráticas que afectan aos afectados polos incendios do pasado mes de outubro, que aínda non cobraron as indemnizacións da Xunta.

Explicou que “as primeiras empresas cobraron indemnizacións na zona de As Neves este pasado mes de abril, seis meses despois dos lumes, pero os particulares, á marxe das indemnizacións por dano persoal, non saben nada das súas axudas, cando son os que teñen máis problemas para cubrir a documentación ou aportar orzamentos para as reparacións”.