A Valedora do Pobo investigará a Naturgy a instancias de Podemos Galicia polos cortes de luz tras o temporal Fabien

“Non falamos só dos danos económicos por avarías nos electrodomésticos e a perda de alimentos perecedoiros, senón tamén do frío e dos problemas de saúde provocados en persoas encamadas, ou enfermas e en nenos pequeno”, asegura Manuel Nogueira, portavoz de Podemos en O Carballiño.
Publicado por o día 28/01/2020 na sección de Podemos,Política

A Valedora do Pobo investigará a Naturgy a instancias de Podemos Galicia polos cortes de luz tras o temporal Fabien

A Valedora do Pobo ven de admitir a trámite unha denuncia de Podemos Galicia na que se solicita que investigue á compañía Naturgy polos cortes de suministro eléctrico que sufríu a comunidade entre o 21 o e 24 de decembro do ano pasado, e que afectaron a miles de familias, negocios e empresas da comunidade, especialmente na provincia de Ourense. Na denuncia, Podemos reclama tamén que se habiliten as preceptivas indemnizacións polas perdas económicas sufridas polos afectados.

Entre o 21 e o 24 de decembro do 2019, Galicia sufriu os efectos do temporal  Fabien, que provocou serios problemas en toda a comunidade. Só na noite do 21 de decembro, Naturgy contabilizou unhas 78.000 incidencias na subministración eléctrica. Dous días despois, 60.000 familias seguían padecendo esa situación. Na provincia de Ourense, uns 25.000 fogares seguían ese día sen electricidade. Esta situación dilatouse no tempo ata o mesmo 24 de decembro en variaslocalidades do rural ourensán como Avión, Boborás, Leiro, San Amaro e O Irixo.

“Houbo xente sen luz durante máis de 48 horas. Non falamos só dos danos económicos por avarías nos electrodomésticos e a perda de alimentos perecedoiros, senón tamén do frío e dos problemas de saúde provocados en  persoas  encamadas, ou enfermas e en nenos pequeno”, subliña Manuel Nogueira, portavoz de Podemos en O Carballiño.

A  Valedora  do  Pobo acordou admitir a trámite a denuncia, na que se lle pide que se reclaman as indemnizacións que se establecen na normativa que regula a calidade da prestación da subministración eléctrica, que investigue os feitos e que esixa a  Naturgy que presente un informe completo sobre o sucedido.

Comentar noticia

Your email address will not be published.