A veciña de Vigo á que denegasen un tratamento, terao

Publicado por o día 07/11/2019 na sección de Galicia,Salud,Sanidad,Vigo

A veciña de Vigo á que denegasen un tratamento, terao

En NoticiasVigo.es contamos a historia dunha veciña de Vigo que inicia unha recollida de sinaturas tras a negativa para recibir un tratamento. Estamos a falar de Loli, de 52 anos, padece de esclerose múltiple progresiva.

No día de onte recibíamos dúas chamadas, nunha delas informábannos que Loli vai recibir o tratamento que lle foi negado para mellorar as súas condicións de vida e outra chamada foi por parte do marido de Loli o cal nos daba as grazas por contar a historia e loita da súa muller.

Dixémoslle que nos alegraba escoitar a noticia pero que nada que agradecer. En Noticiasvigo.es, somos un diario dixital pequeno que naceu é en iso estamos, parao servizo da veciñanza xa que así é como consideramos o que debe ser o xornalismo.

Este diario quere darlle as grazas as persoas lectoras pola implicación a hora de dar a coñecer a historia e asinar a petición.

O tratamento que recibirá Loli será dentro dunha semana aproximadamente, así llo fixeron constar e garantir desde o servizo de Neuroloxía do CHUVI.

Loli loitaba para que o CHUVI lle dese o Ocrevus (fármaco que contén o principio activo ocrelizumab) o cal reduce as recaídas, a actividade de resonancia magnética e retarda a progresión en Esclerose Múltiple recorrente. Atopouse tamén que retarda a progresión da EM primaria progresiva.

Este tratamento foi autorizado e posta a sua comercialización en xaneiro de 2018 pola Comisión Europea (CE), a través da Axencia Europea do Medicamento (EMA). O pasado 19 de decembro, Roche (laboratorio que comercializa o fármaco) anunciou que xa está dispoñible no noso país. O fármaco foi autorizado e será reembolsado polo SNS como tratamento para pacientes adultos con formas recorrentes de Esclerose Múltiple con enfermidade activa definida por características clínicas ou de imaxe, e tamén para aqueles con a forma primaria progresiva en fase temperá, en referencia á duración da enfermidade e ao nivel da discapacidade, e que presenten actividade inflamatoria nas probas de imaxe.

Primeiro tratamento para a EM primaria progresiva

Preto de 2.500.000 persoas viven actualmente con EM no mundo. Delas, máis dun millón viven cunha forma progresiva da EM. A EM progresiva é un tipo de EM moi discapacitante que empeora co tempo, afectando áreas tales como a visión, a mobilidade, a cognición, a capacidade de traballar, e a independencia.

En Europa, a Esclerose Múltiple afecta a unhas 700.000 persoas, das cales preto de 96.000 teñen a forma primaria progresiva (EMPP). As persoas con EMPP non dispoñían ata o momento de ningún tratamento modificador da enfermidade, é dicir, capaz de variar o seu curso atrasando a progresión.

Este tratamento adminístrase mediante perfusión intravenosa (goteo nunha vea). As dúas primeiras perfusiones adminístranse con dúas semanas de diferenza e as infusións posteriores, cada seis meses.

Comentar noticia

Your email address will not be published.