A veciñanza de Navia mobilizouse contra a apertura dun salón de xogos no barrio

Máis de 25 organizacións sociais, ANPAS, AA.VV. e sindicatos apoiaron á mobilización
Publicado por o día 01/05/2019 na sección de Eventos

A veciñanza de Navia mobilizouse contra a apertura dun salón de xogos no barrio

Tal como anunciaran en rolda de prensa o pasado día 17, a Asociación Veciñal Novo Vigo e outras vinte e cinco organizacións dos ámbitos social, educativo e sindical deronse concentración o pasado día 30 ás 20h contra a apertura dunha casa de apostas no barrio. Esta acción enmárcase na campaña de mobilizacións que o colectivo veciñal puxo en marcha, logo de coñecerse que a apertura da casa de apostas era inminente, e que continuará nas vindeiras semanas con novas accións informativas e de concienciación.

A asociación veciñal observa con preocupación como este tipo de negocios estanse a abrir masivamente na cidade. Este fenómeno vénse repetindo dende hai xa varios anos por toda a xeografía española, e xa amosou os seus devastadores efectos no pasado, noutros lugares coma o Reino Unido.

Segundo a portavoz da Asociación Novo Vigo, María Pillado Fernández, “a ubicación desta casa de apostas é especialmente problemática ao estar situada entre dous parques infantís, fronte ó INEM e a asociación COGAMI, e próxima á ESADdeG ou á Sala de Lectura que abrirá en breve, nun barrio coma o noso onde a poboación é nova e case un terzo da mesma é menor de
idade”.

Segundo os datos demográficos da área de estatística do Concello de Vigo, só Nas Teixugueiras (Navia), habitan na actualidade preto de 9500 persoas. Desa cifra, case 3300 persoas atópanse
nas franxas de idade inferiores a 21 anos.

É ese grupo poboacional o que máis preocupa aos impulsores/as da mobilización, ao entender que nun barrio cunha taxa tan elevada de poboación infantil e xuvenil a presenza deste tipo de
negocio é unha bomba de reloxería que pode prexudicar gravemente o desenvolvemento psico-social das persoas menores, xerando problemas de adicción e outros derivados da mesma (furtos, roubos, etc).

Dende a Asociación Galega de Xogadores de Azar (AGAJA), advirten que nos últimos anos medrou enormemente o número de persoas menores atendidas por problemas co xogo. En cifras, sinalan que das oitenta consultas mensuais que reciben, unha media de 20 correspóndense a menores de idade. A asociación apunta tamén que a idade media da persoa afectada de ludopatía viuse reducida dos corenta aos vinte cinco anos.

Os colectivos convocantes reclamaron medidas para un maior control de actividades relacionadas co xogo:

⇒ Prohibición a nivel estatal, da publicidade do xogo a través de calquera soporte, incluídos os patrocinios. Prohibir as máquinas de xogo en establecementos hostaleiros ou procurar sistemas de control de acceso ós mesmos por parte dos menores. Prohibición de bonos gratuítos para as primeiras apostas.

⇒ Decreto Autonómico para paralizar a apertura de novas casas de apostas,mentres non se aproba unha Lei do Xogomoito máis restritiva que a actual, limitando zonas de apertura.

⇒ Que o Concello de Vigo tome todas as medidas necesarias para facer cumprir a Lei, así como o que estea da súa man en materia de control de acceso ou horarios de apertura coa vixilancia que sexa necesaria para protexer a nosa mocidade.

Por todo isto, a Asociación Veciñal Novo Vigo e o resto de colectivos convocantes fixeron chamamento se iso non se amaña pois que continuarán con novas accións reivindicativas “ata que as institucións tomen cartas no asunto” e se poñan limitacións a esta “lacra” que “golpea aos barrios máis desfavorecidos”.

Video

#VigoNavia falou, decindo non aos salons de xogo no barrio.

Publicada por Noticias de Vigo en Martes, 30 de abril de 2019