A veciñanza do camiño do Cacheno en Tameiga denuncian fortes olores

Publicado por o día 22/10/2018 na sección de Galicia,GañaMOS,Mos,Política

A veciñanza do camiño do Cacheno en Tameiga denuncian fortes olores

Recibimos varias queixas de veciños e veciñas respecto a nave de reciclaxe Avi no camiño do Cacheno en Tameiga. Segun denuncia á veciñanza da zona estas instalacións a menudo despiden un forte olor pestilente a pescado podrecido ou a restos fecais e ademais tamén se queixan dos camións desta empresa aparcan no camiño, xa estreito, obstaculizando o tráfico rodado tanto dos vehiculos das casas aledañas, este caos circulatorio se agrava aínda máis nas horas punta escolares cos vehiculos que acceden ao colexio que está preto de alí e que moitos deles aparcan bloqueando as entradas das casas. A veciñanza residente na zona xa denunciou varias veces esta situación sen que o goberno municipal fixera nada por solucionalo, por iso, no vindeiro pleno da semana que ven GañaMós esixirá ao Partido  Popular que actúe para arranxar ou alomenos paliar en parte os prexuízos que causa esta empresa á veciñanza da zona.