A vía verde, está paralizada desde hai un ano e aínda non hai data para o comezo do proxecto

Publicado por o día 03/09/2020 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

A vía verde, está paralizada desde hai un ano e aínda non hai data para o comezo do proxecto

A Asociación Veciñal de Teis, ven denunciar públicamente que desde hai un ano, que se paralizaron as obras do proxecto da Vía Verde, e a día de hoxe non se ten unha nova data para o comezo destas  obras, polo que acabaremos 2020 con este proxecto sen executar.

No mes de xaneiro deste ano produciuse a renuncia da empresa adxudicataria do proxecto da Vía Verde,  incluía a finalización das obras en agosto de 2019.

As obras do proxecto da Vía Verde comezaron o 14 de febreiro de 2019 e anunciábase que a obra estaría rematada nun prazo máximo de seis meses, a realidade que só se executou un tramo de 400 metros inaugurado  a comezos de agosto de 2019.

A Asociación Veciñal de Teis, dirixiuse por escrito a Concellaría de Fomento, en varias ocasións ao longo de 2019 e en xuño de 2020, solicitando a mellora do proxecto, nos seguintes aspectos:

·   A ampliación do paso inferior da Xorxa, ao ser moi estreito, o que permitiría mellorar os aceso e o paso de vehículos.

·   A reparación do paso elevado sobre a vía que comunica co camiño da Trapa.

·  Que lindeiro coa vía hai un terreo na avenida de Galiza, a altura dos números 212-216, que nos planos do proxecto observamos que vaise acondicionar con xabre. Propoñemos que sexa unha area de descanso. Ademais que se manteña o aceso actual a vía desde a avenida de Galiza nese punto, o que permite comunicar a avenida de Galiza co camiño da Ferreira.

·   Que se realice un aceso peonil que permita a través da Vía Verde comunicar a rúa párroco Don Serafín e a avenida de Galiza, a altura do peto das Animas.

·   Construír no tramo final a altura do viaduto das Catro Pontes, un aceso a vía desde a avenida de Galiza, a altura do número 304, o permitiría comunicar a vía co lavadoiro da avenida de Galiza e co río Pugariño.

 A realización da Vía verde é unha oportunidade para mellorar os acesos nos camiños da Xorxa, ampliando o pasos inferiores desta vía, que é moi estreito.

A Asociación Veciñal de Teis, tamén solicitou o mes de febreiro unha xuntanza co Concelleiro de Fomento, sen recibir ningunha resposta até o de agora.

Estas propostas da Asociación Veciñal de Teis, permitirían mellorar os acesos en varios lugares e por en valor o patrimonio natural e etnográfico do río Pugariño.

A Asociación tamén solicitou que o goberno municipal, xa que non vai comezar estas obras paralizadas, que  roce a vexetación nos terreos da  Vía Verde, pois a vexetación xa é abundante en moitos tramos e hai moitas vivendas próximas a este terreos.

Por último, esixixen do goberno municipal, que mellore o proxecto  da Vía Verde  coas achegas veciñais e se elabore  un calendario real coa execución deste proxecto.    

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.