A Voz da Sanidade de Cangas, voltará a participar nas concentracións dos xoves diante do Centro de Saúde de Cangas

Por o 03/09/2019 | Sección: Cangas,Galicia,Sanidad
A Voz da Sanidade de Cangas, voltará a participar nas concentracións dos xoves diante do Centro de Saúde de Cangas
Compartir en:

Comunicado de apoio á concentración do xoves 5 de setembro.

Este xoves 5 de setembro ás 12:00 da mañá, A Voz da Sanidade de Cangas, voltará a participar nas concentracións dos xoves diante do Centro de Saúde de Cangas xunto aos profesionais da Sanidade Pública para continuar visibilizando o deteriodo da Atención Primaria. O noso apoio contribúe a lograr o seu obxectivo de mellorar as condicións do seu traballo, o cal repercutirá positivamente na calidade asistencial dos pacientes.

Dende a nosa asociación continuaremos denunciando a marxinación e a falta de recursos que sofren os centros de saúde por parte da Xunta de Galicia. A cidadanía temos que exisirlle á Administración que transforme a Atención Primaria no eixo vertebral do sistema sanitario para que a súa actividade satisfaga as necesidades da poboación.

Recibimos información da Administración dunha próxima reunión co xerente da Estrutura Organizativa Xestión Integrada de Vigo, Julio Garcia Comesaña. Aínda non hai data fixada, pero espérase levar a cabo na segunda quincena do mes de setembro.

Nesta reunión, informaremos ao xerente dos seguintes temas:

· As razóns polas cales manifestámonos en contra do traslado do Centro de Saúde de Cangas ao novo centro que o Sergas pretende construír en A Rúa.

· Pedir o restablecemento das consultas de pediatría en Aldán e a do turno de tarde no centro de saúde de Cangas.

· O reforzo dunha terceira ambulancia para o Morrazo.

· Poñer en funcionamento de tarde os servizos de RX e Rehabilitación.

· Mellorar o acceso dos usuarios ao centro de saúde de Cangas.

Por estas razón, dende A Voz da Sanidade de Cangas, facemos un chamamento á cidadanía a participar todos os xoves ás 12 da mañá diante do Centro de Saúde de Cangas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.