A Voz Sanidade De Cangas mantivo un encontro a semana pasada coa presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra

Farmacia de gardas de Cangas
Por o 22/03/2018 | Sección: Cangas,Galicia,Sanidad
A Voz Sanidade De Cangas mantivo un encontro a semana pasada coa presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra
Compartir en:

A Asociación A Voz Sanidade De Cangas mantivo un encontro a semana pasada coa presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra, para trasladarlle o descontento social e veciñal sobre as gardas das farmacias en Cangas.

Informámoslle á presidenta do Colexio, a Sra. Alba Soutelo Soliño, de que fai un ano estivemos recollendo sinaturas na rúa pola permanencia do médico e da enfermeira no servizo de Urxencias do Pac de Cangas. Nesta proximidade ca veciñanza polos seus problemas sociais e sanitarios, estes transmitíannos con moita preocupación, as gardas das farmacias, xa que ás veces hai que desprazarse fóra do centro de Cangas.

Moitas queixas procedían de persoas maiores, que se atopan sen medio de transporte para poder moverse, asemade un gran número de veciñ@s plantexaban unha reflexión racional ao non entender, porqué a veces a farmacia que se atopaba de garda atopábase alonxada do centro, onde a concentración da poboación é menor.

Ante a nosa preocupación, a Sra. presidenta infórmanos de que as gardas das farmacias están na actualidade reguladas por un Decreto sobre horarios e gardas para toda Galicia, confirmándonos que pasando Semana Santa van a comezar a negociar coa Consellería de Sanidade un novo Decreto, que vai a modificar o actual e que con toda probabilidade a súa publicación se faga nos próximos meses.

Dende a Asociación A Voz Da Sanidade De Cangas, esperamos que o novo Decreto da Xunta de Galicia, teña en conta as necesidades e peculiaridades da saúde da poboación, garantindo así una atención adecuada para tod@s.