A xerencia da área de saúde de Vigo implanta o sistema de triaxe nos centros de saúde facendo oídos xordos as queixas do persoal

Por o 05/06/2019 | Sección: CC.OO,Galicia,Sanidad,Sindicatos,Vigo
A xerencia da área de saúde de Vigo implanta o sistema de triaxe nos centros de saúde facendo oídos xordos as queixas do persoal

A Xerencia da EOXI de Vigo anuncia no día de hoxe a través da prensa a implantación definitiva do sistema de triaxe en todos os centros de saúde da área. Según a xerencia este sistema ten o obxectivo de clasificar e priorizar aos doentes que acuden aos centros de saúde sen cita previa, con este sistema, primeiramente clasifica o persoal administrativo e, se o considera urxente, o ve enfermaría para valorar se o debe ver o médico e con que premura.

En primeiro lugar, CCOO non entende que sexa o persoal administrativo o que faga unha primeira valoración da urxencia da atención, xa que en ningún caso é a súa función.

Para CCOO este sistema non leva a outra cousa que a aumentar a sobrecarga de traballo dos centros de saúde. Como xa é sabido, a sobrecarga asistencial na Atención Primaria é unha realidade denunciada por todos os colectivos de traballadores, e lonxe de solucionar o problema a decisión da xerencia non fai otra cousa que aumentar esa sobrecarga, xa que é o mesmo persoal o que asumirá estas novas funcións sen reforzo algún. Os e as profesionais xa manifestaron o seu desacordo coa implantacion deste sistema namentres non se produza un incremento de persoal, sen obter resposta por parte da xerencia. Novamente a dirección fai oídos xordos ás opinións e peticións dos profesionais.

Para CCOO esta medida fomenta que os usuarios acudan aos centros sen cita, e non a calidade da atención nos centros de saúde.

Una respuesta para "A xerencia da área de saúde de Vigo implanta o sistema de triaxe nos centros de saúde facendo oídos xordos as queixas do persoal"

  1. Gamela   05/06/2019 at 22:39

    Seguindo o exemplo dos xefes de servizo demisionarios os traballadores de Administración deben NEGARSE rotundamente a facer este triaxe (ou o que é o mesmo administrar a morte lenta dos doentes!).

    Os usuarios que foran sometidos a este triaxe, deberan chamar inmediatamente á policía nacional e interpoñer DENUNCIA conta o Sergas por Denegación de asistencia médica

    E seguir o curso da denuncia ante os xulgados correspondentes !!!

    Nin un paso atrás, rematou o tempo do Colaboracionismo cun Sergas Asasino !!!
    Dignidade Atención Primaria https://youtu.be/e85k0DfROJk

    Ao pé da denuncia: Responsable da denegación do servizo o Xerente do Sergas !!!

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.