A Xerencia de Urbanismo denega a licenza de obras de reforma solicitada para un salón de xogos

Publicado por o día 18/06/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A Xerencia de Urbanismo denega a licenza de obras de reforma solicitada para un salón de xogos

A Xerencia de Urbanismo denegou a licenza de obras de reforma solicitada para un salón de xogos na Avenida da Florida número 73. Segundo explicou o alcalde, trátase dunha “denegación técnica” xa que as obras contempladas non reúnen os requisitos necesarios para a reforma do local e exceden as actuacións necesarias para o mantemento do uso preexistente.

Tal e como expuxo Caballero, o informe do enxeñeiro técnico é “categórico” apuntando que o cambio de uso pretendido non é acorde coas reformas propostas, ao non tratarse de reformas provisionais como esixe a normativa, polo que non reúne as características técnicas para a reforma.