A xerencia do Clínico informa ao Concello que o consultorio da Bandeira volverá contar con dous médicos dende a vindeira semana

Por o 10/01/2019 | Sección: Galicia,Silleda
A xerencia do Clínico informa ao Concello que o consultorio da Bandeira volverá contar con dous médicos dende a vindeira semana
Compartir en:

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, vén de recibir por parte da xerente do Sergas, Eloina Núñez, a confirmación de que a partir da vindeira semana estarán cubertas as dúas prazas de facultativos no consultorio médico da Bandeira.

A mediados do pasado mes a xerencia xa se comprometerá co alcalde a cubrir as dúas prazas despois das vacacións de Nadal. “Agardamos que así sexa e que o centro poida funcionar con normalidade para ofrecer aos usuarios unha atención sanitaria axeitada, evitando retrasos nas citas médicas ou a ausencia de médicos por mor de urxencias como ten acontecidos nos últimos meses”, indica o alcalde.

Comentar noticia

Your email address will not be published.